Miércoles 26.06.2019

Emenda a Montoro

A afirmación do ministro de Facenda e Administracións Públicas de que “vimos dunha borracheira de gasto público e, agora, queren saír de copas” é unha provocación de mal gusto, ademais de ser falsa.

A afirmación do ministro de Facenda e Administracións Públicas de que “vimos dunha borracheira de gasto público e, agora, queren saír de copas” é unha provocación de mal gusto, ademais de ser falsa. Vimos dunha borracheira, a cargo dun determinado partido, que adicóuse durante décadas a baleiralas arcas públicas. Aí está o día a día que, unha vez esgotado o pelotazo do cemento, sufre as interferencias deste mesmo señor na xestión municipal.
Pero cal era o obxectivo da “Lei Montoro” nos Concellos? Facer dos servizos municipais unha fonte especulativa para os de sempre. Impedir a posibilidade de xestionalos directamente e xustificar amplas privativacións. Por iso é tan importante a emenda municipalista desta semana aos Orzamentos –comprometida por todos os partidos– a prol de poder investir o superávit dos Concellos, dotalos dunha nova financiación e un novo encaixe constitucional.
 

Emenda a Montoro
Comentarios