jueves 14.11.2019

ELEGANCIA

Nos últimos tempos

Nos últimos tempos os partidos políticos están dando cursos de comunicación aos seus cargos públicos.
Máis, deberan implementar esa formación cuns consellos de elegancia política, xa que todo non é pose, nin se soluciona con ter tres periodistas de man.
Así, se prometes gañar unhas eleccións case con maioría absoluta e non sacas nin a metade, tes que asumir a responsabilidade dentro e coa cidadanía. Se quen estivo contigo asume responsabilidades que ti non queres asumir, debes dar as grazas pola súa lealdade. Se che critican os que antes estaban, non os podes acusar alegremente e se o fas, xulgado, luz e taquígrafos.
En resumo, nese manual de elegancia deberan ensinar que sempre hai que cumprir coa palabra dada, e que en política só hai un xeito de asumir responsabilidades: conxugando, en primeira persoa, o verbo dimitir. O demais é xogar ás agachadas.

ELEGANCIA
Comentarios