Dez mil

Vergoñento. Dez mil nenas e nenos, fillos dos refuxiados que veñen por culpa desta Europa que provoca guerras coloniais, están desaparecidos e isto aconteceu nos centros habilitados pola Comisión Europea e os países membros da Unión. E ninguén sabe onde están? Tráfego de seres humanos aquí diante dos nosos ollos?
Hai unha responsabilidade política e penal desta Europa que, cada vez, é máis irreconocible. As políticas desenvolvidas pola Comisión Europea e os gobernos, incluído o de Rajoy, con claros tufos racistas e xenófobos, así como os recortes en políticas sociais e de integración, son as responsables do que acontece a carón nosa. No noso nome.
É imprescindible saber onde están as e os menores. Unha Europa que mira de esguello o que acontece con dez mil nenas e nenos non merece a pena. Que aparezan os dez mil e que os gobernos europeos paguen as súas culpas. Dignidade e decencia.

Dez mil

Te puede interesar