sábado 24.08.2019

Debates

Parece que o asunto é que falen dun aínda que sexa mal. Pero iso é non darse conta que tamén as cuestións mediáticas poden volverse á contra e traer de paso o rechazo da cidadanía.
 

Parece que o asunto é que falen dun aínda que sexa mal. Pero iso é non darse conta que tamén as cuestións mediáticas poden volverse á contra e traer de paso o rechazo da cidadanía. Vén isto por mor dos debates electorais desta campaña para o 26 de xuño, e quén subscribe esta breve columna tivo a oportunidade de escoitar un, onde estaban os e a candidata dos partidos pola provincia da Coruña. Exactamente, as cabezas de cartel do PP, C’s, Unidos Podemos, BNG e PSdeG.
Dígoo –así o penso– que esperaba moito máis do nacionalista Callón e do voceiro da Marea Antón Gómez-Reino. Pero o certo é que houbo un mar entre todos eles e a candidata socialista Pilar Cancela. Un amigo fixo un resume moi atinado do debate destes representantes políticos: “Uns homes cómo de cañas nun bar e unha muller tomándose en serio o que está en xogo e o fartazgo da xente”. A solvencia da líder do PSdeG  acredítase novamente, normal que Sánchez a promova para ministra.
 

Debates
Comentarios