Cursos de verán

Hai anos a única opción para asistir a estes cursos de verán onde un podía escoitar a persoas relevantes, sobre temas de interese, era simplemente a propia asistencia cos custes engadidos que iso supoñía. Aí o Partido Socialista ía sempre por diante, había un empeño por facilitar este tipo de encontros e ademais dispoñía da súa propia escola de formación “Jaime Vera”, na localidade madrileña de Galapagar, e cando non, descentralizaba os cursos.
Agora as novas tecnoloxías permiten achegar a todas as partes todo tipo de cursos, que normalmente veñen patrocinados polas diversas universidades. Así, aqueles que estes días dispoñemos de vacacións temos, vía “on line”, a posibilidade de enterarnos dos debates arredor das últimas eleccións e arredor dos camiños alternativos da esquerda. Aí están as canles dos diversos partidos e outros cursos específicos. O importante é que “vivimos en directo” o feito informativo.

Cursos de verán

Te puede interesar