Miércoles 26.06.2019

Concellos no Camiño

A “Asociación de Concellos do Camiño Inglés” está en marcha.

A “Asociación de Concellos do Camiño Inglés” está en marcha. Ferrol, Santiago, Mesía, Cabanas, Paderne, Oroso, Abegondo, Neda, Miño, Pontedeume, Betanzos, Ordes, Culleredo, Cambre, Fene, Narón e Coruña van constituír un ente supramunicipal para a promoción do patrimonio natural e histórico-artístico do Camiño. Non vou valorar a situación incómoda que Ferrol terá. As cousas podéronse facer doutro xeito, pero xa abonda e hai que poñerse en serio a traballar.
Así por parte do goberno de Ferrol non pode haber un novo anuncio do que se vai facer nun futuro indeterminado. As conversas cos Concellos cercanos deberan estar avanzadas, é obvio que hai intereses comúns na traza que parte de Ferrol Vello, máis cunha futura directiva de só sete membros. Por certo, a proposta dos artistas encabezada por Edu Hermida -para o principio do noso tramo- segue a durmir en algún despacho municipal.
 

Concellos no Camiño
Comentarios