jueves 18.07.2019

Cinismo

A insubstancia tráxica da actual situación política,

A insubstancia tráxica da actual situación política, xunto coa súa incapacidade para provocar verdadeiros cambios de fondo contra a crise, alimentan a crenza de que o cinismo élle consubstancial. Vivimos tempos onde o devir da cidadanía depende das prácticas reais da ou do dirixente correspondentes. Pero o certo é que moitas das realmente existentes son un exercicio de hipocresía elevada a función efímera dun teatro bufo, no que xa ninguén cre.
Se engadimos que a ou dirixente cuestionados consideran que toda crítica que reciban é un ataque de lesa traición, acabamos caendo nun novo despotismo normalmente cutre. A desvergoña e a recreación na mentira para vivir da política, en prexuízo das propias Institucións e da cidadanía, supoñen unha democracia que esmorece. 
O uso do poder en beneficio propio é contrario ao benestar das persoas. E tan mala é a persoa cínica como quén resulta ser cómplice.
 

Cinismo
Comentarios