Cataluña

O novo PSOE tiña acurralado a Rajoy, pero chegaron Puigdemont, o PDeCat, Esquerra e a Cup a darlle corda. O asunto é facer xogo revolto para así –cada un– facer o que lle pete. Buscar un choque de trens para non render contas da corrupción e as políticas antisociais das dereitas catalá e española. E, por se fóra pouco, o apoio das dereitas españolas á venezolana -que acaba de celebrar un “referendum á catalana”- está acabando de enlamar todo aínda máis. Estase misturando demasiadas cousas. 
O concepto “Nación de Nacións” non é un invento de Pedro Sánchez, está recollido nas actas que deron lugar á incorporación do término “nacionalidades” á Constitución, e que un saiba nacionalidade deriva de nación. 
Así mesmo, o dereito a decidir da cidadanía é un valor central da democracia, que necesita horizontabilidade, reparto do poder, e consensos para avanzar. De aí o acerto do líder socialista.
 

Cataluña

Te puede interesar