Cartillas

É dubidoso que as novas tecnoloxías nos servizos públicos vaian en favor das e dos seus usuarios. Hai pouco estiven na Seguridade Social e atopeime que agora teñen unha máquina expendedora de citas, introducías o número do teu DNI e tiñas que confirmar a presenza dez minutos antes da hora asignada. Cousas así están a pasar no súper ou cando volves pola autoestrada e obrígante ao auto pago, ante a falta de alguén que te atenda.
Na oficina do banco préstanse a darnos cursiños para resolver nós mesmos as xestións e que mellor dende a casa. Onde queda a atención directa e a empatía co público, así como van a entender as nosas singularidades? Igual trátase de iso. Tanto tes, tanto vales. 
Nós non somos os seus empregados, somos a razón da súa existencia. Son usuario de banca electrónica con cartilla no peto, porque é un vínculo tan importante como o falar e saber con quén tratas.
 

Cartillas

Te puede interesar