Besteiro

Co desinteresado esforzo de militantes que non soen saír nos medios de comunicación, os socialistas acaban de inaugurar a súa nova sede local. Un espazo que pretende ser un punto de encontro coa cultura e o compromiso social. Un modelo que bebe das mellores tradicións da esquerda en Ferrol, que entronca en definitiva coas súas raíces obreiras e cívico-republicanas.
E foi coa presenza do novo secretario xeral do PSdeG. Cunha tarde moi productiva, e non só festiva. Reunión previa co comité de empresa de Megasa, inauguración, reunión da executiva local con Besteiro e nova edición da Festa da Rosa.
Así tamén, puidemos ver xa as primeiras enquisas sobre a valoración dos políticos. O forte despunte do novo líder socialista abre unha etapa de construcción dun proxecto que combina a defensa das clases traballadoras e medias cunha terra chamada Galicia. Volve o PSdeG.

 

Besteiro

Te puede interesar