Bendito verán

Estamos xa no mes que por excelencia considérase o das vacacións, á marxe de que para algúns vaia ser un tempo de máxima actividade laboral. Chegado o verán Ferrol ten outra cara diferente, non sei se real ou ficticia, pero si é certo que ule a vida e a xente sen máis tribulacións que dedicar o seu tempo ao lecer. Así vese nas terrazas da Magdalena, da Praza do Inferniño ou calquera outra. 
A maquinaria da cidade aguanta de seu, sen complicacións, a pesar de que chegamos a estes días de sol alterno sen orzamentos municipais e sen saber se hai saída institucional á situación da Corporación e á guerra entre as esquerdas, incluída a extramunicipal. Pero, si parece que hai unha paz temporal. Unha tregua onde o tempo persoal están por riba das causas comúns. 
Así que permítanme parafrasear aquela xeitosa campaña que falaba dun “benditos bares” ateigados de xente feliz: bendito verán.
 

Bendito verán

Te puede interesar