O baile da sardiña

Éun erro actuar como se nada importara. O que está acontecendo nos últimos plenos municipais en Ferrol vai camiño do primeiro premio ao esperpento. As diversas estratexias persoais chocan, anúlanse e provoca unha parálise da administración local non vista ata agora. 
Resulta curioso que a imposibilidade para adiantar as eleccións nos concellos e así dar estabilidade, aquí úsase para o todo vale. De verdade, alguén pensa que isto non vai pasar factura?
Creo que todas e todos os implicados perden. Nunca a credibilidade, na que por definición é a administración máis cercana á cidadanía, sufreu tanto. Por desgraza, amosa as incapacidades das actuais esquerdas para a xestión do Público. Pero, sería chocante que á dereita local non lle pasara factura tamén. Como é posible que Emafesa cun mercado cautivo esté en quebra? Imos aprazando os problemas da cidadanía. Sembramos tormentas.
 

O baile da sardiña

Te puede interesar