ATROPELLOS

A descortesía e os nervios empezan a ser unha constante no PP. O mesmo día que o presidente Feijóo víase con Besteiro, intentaban deteriorar a imaxe do PSdeG sacando da chisteira un incidente que a deputada ferrolá, Beatriz Sestayo, tivo cun vixiante que traballa na empresa da irmá do propio Feijóo; e tamén, alimentando o odio dun converso Carlos Príncipe en contra do alcalde vigués, Abel Caballero.
A dereita dá por perdidas as eleccións nestas dúas cidades. Así, tamén, pretenden atropellar a indignación pola sentenza inxusta do “Prestige”, as mentiras sobre os floteis, o desmantelamento de Navantia para xustificar a súa privatización...
Os tempos son chegados. É hora do cambio, de sacar ao país da crise, de artellar un futuro solidario, contra o reparto inxusto da riqueza, contra os abusos. O PP ten medo da xente e pretende montar un circo sen pan.

 

ATROPELLOS

Te puede interesar