Armas

O último pleno solicitáballe ao alcalde que non elimine o aparcadoiro de Armas de 114 prazas. Pero, botando contas no barrio da Magdalena, hai no Cantón 386, na praza de Abastos 196 e na praza de España 638 prazas. O total fan (sen as de Armas) 1220, que  úsanse a medio gas. A estas hai que engadir 360 no Porta Nova e as 500 do Sánchez Aguilera, estas poderíanse ampliar en Canido, Esteiro e Ferrol Vello.
Quen fala de manter o aparcadoiro da praza de Armas, simplemente, intenta seguir a atrancar a súa remodelación, primeiro feito imprescindible para despois poder encarar a peonalización da Magdalena? Por favor, non nos fagamos trampas, non impidamos a recuperación do centro de Ferrol. O pleno tiña que ter instado ao goberno a que solucione os problemas que teñan veciños e comerciantes, pero urxindo xa sen demora unha remodelación que debera acabar antes das próximas eleccións. 
 

Armas

Te puede interesar