jueves 18.07.2019

Anpas

Este novo curso o colexio público de Recimil volve a estar 

Este novo curso o colexio público de Recimil volve a estar na vangarda na defensa dos dereitos do alumnado e do ensino público. Segue, a nova xunta directiva, o camiño da reivindicación democrática e comportamento cívico que as Anpas deben ter na sociedade galega.
A Xunta anunciara outro recorte no número de profesores, que obriga a xuntar aulas, e polo tanto, ataca a calidade do ensino nun colexio que, precisamente polas súas singularidades, necesita de maiores recursos para asegurar unha integración axeitada dos seus alumnos, tanto polas súas orixes nacionais como pola situación económica de moitas familias.
O certo é que os orzamentos galegos para Educación do presidente socialista Touriño foron inmediatamente recortados por un Feijóo recén chegado á Xunta. Así, nesta década os recortes son máis de trescentos millóns de euros na Consellería de Educación.
 

Anpas
Comentarios