Jueves 23.05.2019

Anacleto

O Anacleto era aquel axente secreto para misións imposibles, que saíu das mans do ilustrador Manuel Vázquez Gallego na Editorial Bruguera. Vén isto a conto porque –e perdoen a confianza– foi un recordo que se me veu á cabeza, cando tamén acompaña ao traballador de Navantia, Xoaquín García Sinde, na súa denuncia ante os medios de comunicación do veto recibido polo CNI.

O Anacleto era aquel axente secreto para misións imposibles, que saíu das mans do ilustrador Manuel Vázquez Gallego na Editorial Bruguera. Vén isto a conto porque –e perdoen a confianza– foi un recordo que se me veu á cabeza, cando tamén acompaña ao traballador de Navantia, Xoaquín García Sinde, na súa denuncia ante os medios de comunicación do veto recibido polo CNI. Senón, xa me explicarán cómo é posible, nesta cidade onde todos nos coñecemos, que os nosos servizos secretos fagan un informe para denegarlle a alguén a habilitación por cuestión de seguridade. Negándolle así poder acceder a determinadas seccións da naval. Isto non é cousa nova. Hai un tempo, un amigo avogado contábame como chegara ás súas mans un informe fotográfico, onde apareciamos xentes da esquerda ferrolá do entorno do Comité de Emerxencia. Engadir a pretensión de algunha “autoridade” de vincularnos a “grupos radicais” pola nosa oposición a Reganosa. Así, grazas á dereita as nosas forzas de seguridade van, como Anacleto, en misións inauditas.

Anacleto
Comentarios