Amagos

A situación local é unha oportunidade para a dereita local, pero o que lles pasa é que non teñen solucionado o problema do liderado, unha vez que Rey Varela perdeu hai ano e medio a alcaldía. Eso explica a tendencia tanto de este último como de Diego Calvo e Miguel Tellado a terciar en cuestións municipais, cando suponse que para iso teñen aos seus no Concello e á súa voceira. Así descartada a moción de censura, todos son amagos, facer ruído para dicir que aquí están.
Máis non son os únicos neste nadal. Ferrol en Común é un amago de goberno supeditado a que os gobernen desde o Pleno e, tamén, un amago de nova formación porque esto depende dunha voladura de EU que non vaise producir. No campo socialista amagan con  facer ou non unha asemblea local á espera de ver que pasa no PSOE estes meses. No BNG ás veces apoian ou fan oposición e Cidadáns á espera das próximas municipais.
 

Amagos

Te puede interesar