Alea iacta est

A sorte está botada. Este domingo saberemos o veredicto das e dos cidadáns para conformar o novo Parlamento español. Posiblemente estemos asistindo á campaña electoral máis sosa de toda a historia da democracia do país. Basicamente, é unha campaña para e nos medios de comunicación e nas redes sociais, estas últimas recén descubertas como un instrumento de propaganda masivo. Mais, non van ser estas unhas eleccións xerais que queden esquecidas, este domingo comeza unha nova era.
Hai un elemento certo, o Partido Socialista é o eixe de todas as contra campañas do resto dos grandes partidos. Arredor do PSOE vaise a conformar, dun xeito ou doutro, o novo goberno de España. A centralidade política, polo tanto, está nas e nos socialistas e na súa capacidade de mobilización para este domingo. O máis lamentable a “santa alianza dos cen mil fillos de San Luís”, PP e Podemos aliados nunha burda campaña contra Pedro Sánchez, acusándoo de “racista”.
 

Alea iacta est

Te puede interesar