Abúrrennos

S e non fose porque os recortes están na falta de resposta aos incendios que sofre Galicia, poderíamos dicir que estamos nun agosto atípico, en medio dunha negociación de goberno de España co insoportable Rajoy e ás portas de sendas eleccións en Euskadi, e aquí na nosa casa. Pero si, o lume prendeu tamén nas diferentes forzas políticas, e algúns tómannos como unhas novas Indias Occidentais a conquistar cun barco morado á deriva. 
Non hai paz para os inxustos, pero non é o verán o que fai á xente indiferente ao que acontece, senón a mediocridade de quén pretende representarmos. Querían tocar o ceo ou ser o punto de encontro das e dos galegos, esquecen que a vida é tamén sofremento e que o traballo dignifica, todo ten un prezo. O certo é que abúrrennos a cotío. Uns e outros seguen teimados en botarlle a culpa a Pedro Sánchez, cando volvan as choivas mollarán o chan, seguro que escampa.
 

Abúrrennos

Te puede interesar