A vida sigue igual

Recoñézoo, non son fan de Julio Iglesias. Aínda que supoño que a maioría deben ser da quinta da miña nai, debe ter moitos seguidores na actual corporación ferrolá. A mediados de setembro, os mesmos anuncios e as mesmas respostas. Uns que veñen marcharán e a vida continuará igual, esta parece ser a banda sonora da política local desde fai moito tempo. 
Baixo o mantra do “consenso” uns e outros seguen a construír ese muro Trump local, onde poder chorar as lamentacións da república independente da nosa casa. Hai quen está pola peonalización pero desexa o fracaso desta fin de semana, hai quen está pola licitación da reforma da praza de Armas ou do mercado de Caranza, pero para dentro de dous anos. Hai que resolver a subrogación do persoal de Emafesa e municipalizar? Pois o prioritario aprobar uns novos orzamentos municipais para Ferrol. Máis, quen pon en sintonía a Suárez, Sestayo e Rivas?
 

A vida sigue igual

Te puede interesar