A trama

o mediático devora e as súas señorías están a consumir o tempo dun xeito estéril. Vale que Wyoming e o seu programa fagan parodia dun grupo ultra (para eso están), pero quen di aspirar a ser goberno debera amosar algunha idea máis que copiar. É máis doado poñer un autobús para unhas cantas imaxes e, así, poder reproducilas nas redes sociais, que aquelo outro que propoñía Errejón de ir barrio a barrio, fábrica a fábrica construíndo partido. É menos canso.
Mentres, na sociedade española o desacougo avanza porque a idea dunha corrupción xeneralizada cala na xente. 
Pero, miren por onde, Pablo e Irene van ser salvados polos pelos. Poderán presumir de que un dos serigrafiados no seu “TramaBus” vai ir a declarar pola financiación “irregular” do PP. Si, Mariano Rajoy ten que declarar, pero non grazas a Podemos, senón porque –entre outros– un avogado socialista convenceu ao tribunal.
 

A trama

Te puede interesar