jueves 24/9/20

Á expectativa

ecoñezo que todas e todos estamos á expectativa, pero – realmente – non é polas vindeiras eleccións autonómicas do doce de xullo, senón pola evolución dos posibles rebrotes e novos contaxios polo Covid-19. E, quizais, por iso haxa un aumento do uso das mascarillas.
Así, o único ambiente electoral en Ferrol, vén dado polas colas momentáneas que fórmanse no acceso a Correos, onde moita xente está a exercer xa o seu dereito ao voto. Unha estampa máis desta “estraña” campaña autonómica, en plena desescalada, decretada polo actual presidente da Xunta de Galicia, ao que lle vai mellor as enquisas que a súa axenda electoral. 
Iso si, tivo tempo para culpar dos posibles rebrotes aos Concellos, cando estes están sós, neste baile de máscaras que son as nosas rúas. Mentres, a Xunta pecha camas de hospitais ou négase a reabrir os centros de maiores. En fin, “nova normalidade” pero vellas teimas.

Comentarios