A comparecencia

Ecerto que este país de países está de festa en festa, pero iso non vai impedir que a comparecencia do presidente Mariano Rajoy, na Audiencia Nacional, sexa unha imaxe histórica. Nin sequera os seus privilexios, como ser recibido polas autoridades xudiciais a pé de coche, nin ter pupitriño propio o van salvar. Feitos, ademais, que chocan coa idea de igualdade de todas e todos ante a Xustiza.
Estamos nun intento de eludir a súa responsabilidade no financiamento do seu partido, pero nin as axudas do avogado de Bárcenas sérvenlle. Queda moito que andar, pero todo indica que os Populares están condenados a seguir o camiño do partido de Pujol, a súa reconversión nun novo partido para procurarse unha nova imaxe política. 
Lamentable a instrumentalización -posterior- da loita contra a violencia machista, para así coa súa presenza “branquearlle” o día ao presidente. Marca España.
 

A comparecencia

Te puede interesar