320 millóns

primeira consecuencia das eleccións catalás é unha lea entre Cidadáns e o PP por ser hexemónicos na dereita e que cuestiona o apoio dos primeiros aos orzamentos do Estado, pero o ministro Montoro, tan capaz el de facer amigos onde vai, pretende chantaxear ao Partido Socialista senón vota o que el quere. De momento, bloquea a parte que corresponde ás Comunidades e que estas xa teñen consignados nas súas propias contas.
A xogada é clara. Ou tragan os socialistas ou as Autonomías non poderán facer fronte aos servizos á cidadanía. No camiño tamén colle a aquelas que aínda son gobernadas polo PP. Iso si, nin Núñez Feijóo nin Miguel Tellado din nada deses 320 millóns de euros secuestrados á nosa terra por Facenda. A situación do país permite que un partido en franca retirada use os resortes gobernativos, aquí é onde vese o erro histórico de Iglesias vetando un goberno de Sánchez.
 

320 millóns

Te puede interesar