• Sábado, 18 de Agosto de 2018

Unha cervexa, por favor!

otítulo non é por unha tolemia temporal, falta de cabeza ou por pasarme

otítulo non é por unha tolemia temporal, falta de cabeza ou por pasarme de freada. Non, só pretende dar a benvida a este primeiro festival da cervexa artesanal, que celébrase estes días na nosa praza da Constitución.
Como moitas cousas que pasa nesta cidade, parte dunha iniciativa privada que vén a traballar por unha inexistente “marca Ferrol” ben necesaria. Así vemos como outros concellos teñen o seu festival folk ou o seu resurrection fest consolidado, nós non temos nada semellante.
Sacando este primeiro festival cervexeiro, os eventos que atraen á turistas e ao público en xeral, este mes de xullo, foron a parar a outros concellos. Mugardos ou Fene por non ir moi lonxe.
Igual hai que pararse a pensar que Ferrol necesita unha programación que vaia alén de simples saltos de ra, que non se trata con ir dando a impresión de andar cumprindo por cumprir ou esperar ás nosas festas de agosto.