Martes 18.12.2018

Únenos Ferrol

Hai quen debe considerar que o noso concello pode parcelarse

Hai quen debe considerar que o noso concello pode parcelarse, que somos unha mera suma de barrios sen máis. Agora ben, se isto é así, coherentemente con este argumento deberíamos proclamar un cantón independente por cada barrio ou parroquia, así como romper o orzamento municipal en cachiños (e xa veríamos con que criterio de reparto). Así, só teríamos dereito a opinar polo que hai no noso entorno inmediato e nada dun proxecto que nos une chamado Ferrol.
As persoas desta opinión non saben que ese argumento é contrario aos seus intereses. A ninguén se lle pode dicir: “Veña vostede a consumir no meu, pero caladiño”. Abonda na idea de que en Ferrol é imposible facer nada. 
Molesta o fariseísmo das forzas políticas que a alimenta. Bloquear a remodelación da Praza de Armas agora é quedarse, outra vez, fóra das cidades que apostan por unha cidadanía que dinamice e ocupe os seus espazos vitais.
 

Únenos Ferrol
Comentarios