Anúncianse actuacións que, de concretarse, poderíamos estar a falar dun novo tempo que rompa coa parálise que afecta a Ferrol.

Anúncianse actuacións que, de concretarse, poderíamos estar a falar dun novo tempo que rompa coa parálise que afecta a Ferrol. Unha busca de acordos coa Deputación para un novo convenio que rache coa precariedade no servizo de bombeiros, ou o tan necesario albergue de peregrinos para o noso Camiño Inglés, a apertura dun convenio con Fomento para dunha vez remodelar a entrada das Pías, cun montante de máis de catro millóns de euros. 
Xa no campo estritamente local, estaría a comunicación entre o Ensanche e Santa Mariña, un investimento importante para Recimil, así como case un millón de euros para a urxente reforma do mercado de Caranza. Máis, todo isto depende dun pacto para os novos orzamentos municipais. Fronte ás redes sociais que falan de plenos alleos, quero crer que o interese xeral vai quedar por riba do particular, permitindo dar respostas ás necesidades de Ferrol.