O Botánico do Montón

Omandato do alcalde Vicente Irisarri foi quen de poñer a andar o xardín botánico,

Omandato do alcalde Vicente Irisarri foi quen de poñer a andar o xardín botánico, situado na península do Montón. Máis de mil douscentos árbores de cincuenta e oito especies catalogadas pola SGHN. Seguramente, un gran descoñecido para a inmensa maioría da cidadanía de Ferrol, e agora, unha década despois corre un grave risco de deteriorarse e ter danos irreparables polo simple feito de estar abandonado. 
Así, e tal e como quedou claro nas xornadas sobre o barrio de Caranza, organizadas polo Foro Ferrol Vivo en colaboración coa asociación de veciños e outras entidades, necesita dunha actuación urxente. De aí que a presidenta veciñal reclame unha primeira inversión de cen mil euros, necesarios para volver a poñerlle as portas e o enreixado, frear as “okupacións” e iniciar unha recuperación integral de ese espazo, que está chamado a ser un dos grandes pulmóns de Ferrol, de ocio e deporte.