• Miércoles, 23 de Mayo de 2018

Nicolás Maquiavelo

Ao florentino se lle atribúe de xeito erróneo que o fin xustifica

Ao florentino se lle atribúe de xeito erróneo que o fin xustifica os medios, cando realmente consideraba que estes viñan impostos polas circunstancias. Pero coa análise que fai dos políticos do seu tempo, nace a modernidade. Consideraba -citando a Tácito- que “non hai nada máis feble e inestable cá sona do poderoso non nacida da súa propia forza”. Así pedía desculpas polo feito de que un “home de baixa ou ínfima condición se atreva a reflexionar e regulamentar o goberno dos príncipes”. 
Para incidir en que “é máis doado gobernar unha cidade afeita a vivir libre co apoio dos propios cidadáns que de calquera outra maneira, se é que se desexa conservala”, cuestión que vale para calquera tipo de organización. 
E, tamén, que “un príncipe que teña unha cidade forte e non provoque odio non pode ser asaltado” xunto a que “soamente son duradeiras as defensas que dependen dun mesmo e da propia virtude”.