• Lunes, 24 de Septiembre de 2018

A crise foi usada para desmantelar e hipotecar os servizos públicos e lastrar a remunicipalización de aqueles que foron privatizados.

Unha vez na batalla pola súa recuperación, ás arcas e á xestión municipais, hai todo tipo de situacións. Resulta curioso que en Ferrol foi a lea entre as esquerdas o que acabou por bloquear a mesma. Así, esta bandeira, quedou en mans de plataformas nas que substancialmente –é certo– están as mesmas persoas.
Á marxe disto, un bo amigo diríalles que xudicializar a política é un erro de fondo que leva a ningures. Máis, cando non se entende que non traballen pola cuestión esencial e primeira a conseguir das tres forzas da esquerda: uns orzamentos pactados que conteñan estas demandas cidadás. 
O outro –dito con cariño– é mexar por fóra. Reforza, ademais, a idea dunha vendeta por estar a carón de aquela que non ten ningún problema en pactar coa dereita.