Martes 18.12.2018

Incendiario

uería preguntarlles se consideran que a letra dunha canción pode reflectir

uería preguntarlles se consideran que a letra dunha canción pode reflectir vivencias propias? Séntense interpelados cando oen cousas como o que canta Robe Iniesta? “Todos din que son un incendiario, que acendo fogueiras só con falar”. Pero, tamén din que a verdade fainos libres fronte a aquelas e aqueles que queren impoñer un relato falso. Mais, xa non son tempos para a lírica, por iso repitan comigo: négome a pedir desculpas.
Si, négome a pedir desculpas e máis ante aquelas e aqueles que pactan contra Ferrol. Si, digan comigo: négome a pedir desculpas por ser coherente e esixir que os nosos partidos sirvan para o ben común. Digan comigo: négome a pedir desculpas por usar a cabeza contra todos os muros que pretenden illar a ese Ferrol vivo que queremos con paixón, que xa pode haber sentenzas do Supremo ou do Federal US, que faremos de Ferrol unha cidade libre e moderna para o combate da vida.
 

Incendiario
Comentarios