• Martes, 23 de Octubre de 2018

Unha das consecuencias do camiño a esas municipais de 2019

Unha das consecuencias do camiño a esas municipais de 2019 tan incertas é a dura competencia entre as dereitas, que se radicalizan por momentos para así liderar o voto na Magdalena, usando como escusa a remodelación da praza de Armas. Ocultan que goberne quen goberne non vai a haber novo aparcadoiro, é inviable. De onde ían sacar elas os seis millóns de euros que os técnicos apuntan como custe previsible?
Un novo aparcadoiro só poderíase financiar cunha concesión e levantando unha área comercial en Armas, competidora –polo tanto– co comercio e a hostalería da Magdalena. Pero, non hai interesados. Mais, cando no centro hai entre o Cantón, Abastos e Praza de España 1220 prazas de aparcadoiro usadas a medio gas. 
Outra opción sería que fose financiado a costa de outros investimentos. Está a dereita disposta a detraer recursos dos demais barrios de Ferrol para financiar este capricho?