Miércoles 21.11.2018

De costas ao tren

escoitei na radio a un voceiro da Plataforma de Defensa do Tren Ferrol Ribadeo

escoitei na radio a un voceiro da Plataforma de Defensa do Tren Ferrol Ribadeo. Amosaba as críticas de como se mal xestionou a liña de Feve. Con numerosas incidencias, avarías, esperas e transbordos a buses, con redución de revisores e servizos cando maior era a demanda este verán. Falaba dunha “clara intencionalidade de molestar e expulsar aos usuarios”, dun auténtico boicot. 
A administración, Renfe e Adif teñen a impresión de que o “tren da costa” é unha extravagancia, que non é rendible e que non paga a pena. Ademais, pretenden xestionar este tren, basicamente rural, como se fose o metro de Madrid, de aí a súa teima en reproducir o sistema de mallas pechadas entre paradas. 
Son incapaces de ver o carácter estratéxico para Galicia e o norte de España, incapaces de ver o seu potencial para o desenvolvemento sostible do territorio, do patrimonio natural e cultural e para un turismo de calidade
 

De costas ao tren
Comentarios