• Miércoles, 26 de Septiembre de 2018

semana pasada a concelleira de Urbanismo e o alcalde de Ferrol

semana pasada a concelleira de Urbanismo e o alcalde de Ferrol manifestaban a súa alegría -tras pasar o trámite ante Patrimonio da reforma de Armas- e máis, pola sintonía plena coa técnica da Xunta. Pero, nisto saía a voceira do PP local a dicir que había problemas e así foi na resposta oficial. A Xunta vincula a reforma á tutela por parte da súa área de Urbanismo, cando non hai obriga legal de manter o aparcadoiro subterráneo.
Coñecíamos a decisión do Consello de Ministros declarando o Arsenal e outros bens (con case catro millóns de m2) zona de interese nacional, sen contar coas necesidades de Ferrol no seu desenvolvemento. Aquí o importante non é a defensa nacional, senón facer caixa a costa da cidadanía.
Algo terá que dicir o señor Conselleiro e candidato “in pectore” sobre estes “contratempos”? Porque, así non. Ferrol importa, temos dereito á cidade e a que creza gañando o futuro.