• Martes, 23 de Octubre de 2018

As facturas de Urbaser

Aprivatización do servizo municipal de limpeza de Ferrol é un problema.

Aprivatización do servizo municipal de limpeza de Ferrol é un problema. A idea xeneralizada é que non supón ningunha mellora a súa xestión privada, nin para a cidade e menos para o seu propio persoal, abocado á precariedade e a non saber que vai pasar a medio prazo. 
É certo, nada fíxose nestes tres anos, porque tamén ninguén traballou para darlle unha solución definitiva, como podía ser a subrogación do seu persoal a unha nova empresa municipalizada, tiveron ocasión cos orzamentos aprobados recentemente.
Hoxe veremos que novas tráenos o pleno municipal. Non creo que ningún grupo político queira asumir ser responsable dunha folga para o día primeiro de xullo. Si, Urbaser usa ás súas e aos seus empregados. Si, aquí hai responsabilidades políticas, incluso de quen esquece a súa xestión de inicio de mandato. Precísase unha solución definitiva, para o medio prazo e fin do desacougo laboral.