A política é moi efémera

Afrase da cabeceira tómoa prestada do discurso de Pepe Álvarez

Afrase da cabeceira tómoa prestada do discurso de Pepe Álvarez, secretario xeral da Confederación da UGT, ante unha nutrida asemblea de delegadas e delegados onte en Santiago. Seguro que representa o momento que vivimos, onde as noticias devóranse unhas a outras en breves chiscos. Por iso resulta necesario alcanzar consensos para resolver o de Cataluña ou o reparto da suposta recuperación económica, ademais cos dereitos sociais -imprescindibles- para a existencia dunha democracia efectiva.
Quizais do máis salientable de onte son as apostas pola feminización do sindicato e do propio tecido laboral con igualdade de salarios e dereitos, xunto coa loita contra a violencia de xénero. Así como o anuncio dunhas xornadas sobre cambio climático e incendios, a facer cos sindicatos portugueses, e a petición dun plan estatal de limpeza de bosques e ríos, que aporte seguridade e emprego.