Martes 11.12.2018

A enquisa do CIS

Para unha vez que quérenme facer unha enquisa do CIS

Para unha vez que quérenme facer unha enquisa do CIS quedei coas ganas. A entrevistadora buscaba un elector varón duns vinte e cinco anos, e hai tempo que ese perfil quedoume un chisquiño, pero só un chisquiño lonxe. 
Quedei coas ganas de saber cómo lle fóra o día e a cantas persoas visitara, cómo se distribuía a xente por idades e sexos, cómo ían os desencontros das e dos ferroláns cos seus partidos de referencia.
Porque estarán conformes comigo que, tal e cómo se anuncian, as próximas municipais de maio de 2019 van a estar moi concorridas. 
Non che sei se haberá papel para tanta candidatura. A saber, pola dereita: PP, Cidadáns, Coalición de Centro Democrático, Vox, Jubilados e Sentimento Ferrolán. Pola esquerda: Partido Socialista, FeC, Compromiso, Actúa, Marea de Ferrol e BNG. Seguro que quédame algunha sigla polo camiño. Eso si, maioría absoluta eu non a vexo por ningures.
 

A enquisa do CIS
Comentarios