• Martes, 25 de Septiembre de 2018

A cidade das rías

A proposta de configurar a Cidade das Rías, ideada por Fernández Albalat, acaba de cumprir cincuenta anos.

A proposta de configurar a Cidade das Rías, ideada por Fernández Albalat, acaba de cumprir cincuenta anos. Un gran proxecto que pretende unir as cidades de Coruña e Ferrol a través de dúas pontes (un en Sada e outro en Pontedeume), e así sumar toda a zona norte da provincia coruñesa (incluiría –polo tanto– as comarcas da Coruña, Betanzos, Eume e Ferrolterra) e unha poboación aproximada de seiscentos mil habitantes.
Non me desgusta o proxecto. Pero, por que non se deron pasos durante todo este tempo? Quizais pola incapacidade dunha dirixencia coruñesa para compartir en igualdade o liderado, que sempre miraron de esguello a capacidade industrial e a posibilidade de desenvolver un gran área metropolitana entre Ferrol e o Ortegal e que, polo tanto, cambiaría as relacións de poder dentro de Galicia. 
Un territorio que ía artellar a Autovía do Cantábrico pero que o defunto Fraga levou por Vilalba.