Novas narrativas éticas e políticas en Ferrol

s pasados días 3, 4 e 5 deste mes de Outubro celebrouse na Facultade de Humanidades do Campus de Ferrol o XIX Congreso Internacional da Asociación Española de Ética e Filosofía Política. Dito Congreso tivo una ampla variedade temática: igualdade de xénero, violencia contra as mulleres, impacto social das novas tecnoloxías, Big Data, traxectorias vitais e peregrinacións, ética animal, bioética, modelos de fundamentación das éticas e da política na convulsa sociedade presente, cidadanía multicultural, ética empresarial, responsabilidade social corporativa, dereitos fundamentais, migracións, nova política, postverdade, etc. Non queremos esquecer a homenaxe celebrada na honra da desaparecida pensadora galega Esperanza Guisán (1940-2015) dentro do programa oficial. O Congreso tivo una asistencia de arredor de 300 persoas, dos que máis de 250 foron comunicantes e ponentes. Os seus ponentes plenarios foron Adela Cortina Orts, da Universidade de Valencia, Úrsula Wolf, da Universidade de Mannheim, en Alemania, e Ramón Vargas-Machuca, da Universidade de Cádiz. O comité organizador síntese enormemente satisfeito da calidade científica e académica acadada polo conxunto das actividades realizadas.  
Xunto ao meramente académico, o volume e calidade deste congreso tivo un enorme impacto social en Ferrol e a súa comarca, o que supón o inicio da oportuna conversión de Ferrol nunha cidade de Congresos, o que conleva o conseguinte desenvolvemento socio-económico, que incide en moitos sectores da cidade: hosteles, restaurantes, transportes, comercio minorista. Débese pensar que preto de 300 persoas durante 3 días completos en Ferrol supón una importante inxección económica para a cidade e a súa comarca. Como as autoridades sinalaron na súa inauguración, os asistentes poderían e deberían disfrutar do que a cidade oferta: paisaxe natural incomparable, patrimonio cultural e histórico-artístico, a bondade do clima que nos acompañou, e a calidade da vida nas cidades dun tamaño medio. 
Por todo isto, nos atrevemos a dicir que o fomento de congresos e convencións como este farán de Ferrol una atractiva cidade para a realización deste tipo de eventos, polo que propoñemos que as autoridades municipais, provinciais e académicas manteñan una comunicación continua para propiciar e facilitar dun xeito estable a posta en marcha de congresos deste volume e atractivo, para acadar a maior difusión posible. Neste sentido poidemos constatar nas conversas cos asistentes a gran satisfacción que levaron na súa memoria individual e colectiva coa imaxe da nosa cidade. Moitos prometeron volver a título familiar ou individual. 
É de xustiza agradecer a inestimable colaboración prestada na organización e desenvolvemento deste macrocongreso, do Concello de Ferrol, da Deputación da Coruña e a propia Universidade da Coruña, a través do seu Campus Industrial e das Vicerreitorías de Investigación e do Campus de Ferrol e Responsabilidade Social. Agradecemos tamén a colaboración doutras entidades como a propia Asociación Española de Ética e Filosofía política, Exponav, do Grupo de Estudios Territoriais da UDC (GET) e da Sociedade Iberoamericana de Estudios Utilitaristas. 
Nun tempo no que as autoridades e a sociedade parecen cuestionar o papel das Humanidades, un congreso como este demostrou claramente que a Facultade de Humanidades e Documentación do noso Campus non só é necesaria senón que é imprescindible pola riqueza que aporta á diversa e complexa realidade social que nos rodea. O Compromiso dos seus alumnos voluntarios neste Congreso da boa conta deste importante papel.
Por último, mais non menos importante, queremos agradecer a ampla atención informativa prestada pola maioría dos medios de comunicación (SER, COPE, etc...). Dun xeito especial, vaia o noso recoñecemento á cobertura realizada, ampla, rica e diversa, polo Diario de Ferrol. A súa cooperación ten sido crucial para a difusión das múltiples actividades desenvolvidas neste Congreso Internacional. 
Queremos como última reflexión destacar o beneficioso que sería para a nosa cidade e a súa contorna a aposta pola súa transformación nunha cidade de Congresos. Iso forma parte, sen dúbida, do seu inmediato futuro.
* Os autores son, resprectivamente, presidente e vicepresidente do Comité Organizador
 

Novas narrativas éticas e políticas en Ferrol

Te puede interesar