Violencia de xénero

O pasado 27 de novembro, celebrouse o Día Internacional para a eliminación da chamada Violencia de Xénero.

Ese mesmo día houbo un novo asasinato, desta volta nas Illas Canarias, unha muller foi acoitelada polo seu home, elevando así a 51 o número de mulleres mortas no que levamos de ano, a mans dos seus homes, maridosou compañeiros, que tanto ten.

Faise necesario, cada vez máis, aplicar as leis con todo rigor, sen ningún xeito de atenuantes. Se xa non a queres, déixaa, pero matar está penado pola lei dos homes e prohibido, para os que son cristiáns, polo Dez Mandamentos da Lei de Deus.

As leis, a miúdo, moi ben axeitadas, foron feitas para ser cumpridas, pero a realidade é que o número de crimes aumenta cada ano. Seica segundo as estadísticas, que dende o ano 2003, 1033 mulleres morreron asasinadas e isto só é a punta de lanza do problema porque, ¿cantas mulleres (ou homes, que todo hai que dicilo) viven acotío asoballados pola súa parella?, co risco certo de ser asasinadas un mal día, elas e incluso os seus fillos que teñen que aturar a diario o mal entendemento dos seus pais e o que é peor, moitas veces ser testemuñas da violencia.

As mulleres, (e os homes) teñen a obriga de denunciar os malos tratos, vailles nelo a supervivencia, a dos seus fillos e incluso a do maltratador. Non esquezamos que moitos deles acaban no suicidio. Existen hoxe en día centros de información e de acollida onde poden ser aconselladas en cada caso. Un número de atención ás vítimas é, por poñer un exemplo, o 016.

Decembro, é mes de festas e felicitacións, fagamos que sexa tamén o principio dunha rexeneración que é tan necesaria como urxente, e nomeemos o próximo 2020 como Ano da Amnistía de Xénero .
A pesares do escrito ata aquí, decembro non pode empezar peor. Aquí vos presento esta que dou en chamar crónica negra do mes:

Decembro:

Día 1 domingo: Home de 93 anos, asasina á súa muller de 88, acoitelada.

Día 2 luns: Muller de 36 anos acoitelada polo seu home en Prat de Llobregat.

Día 4 mércores: Detido o asasino de Marta Calvo, desaparecida dende o 7 de novembro. Nunha primeira declaración confesa que a descortizou e votou os seus restos en varios     contedores. Cousa de tolos, penso que as drogas teñen que andar polo     medio anque en     ningún caso podan ser un atenuante.

Día 5 xoves: Descuberto o asasinato dunha muller de 38 anos en Vicálvaro, morta o sábado 30 N. O asasino detido e acusado asemade de trafego de drogas.

Suma e segue, aínda non rematou o ano e xa van 55 vítimas. A este paso vamos     camiño de superar tódolos rexistros.

Violencia de xénero

Te puede interesar