Pepe Deus (1928)

alaba o xornal do pasado venres 9 de José Deus López, ferrolán ilustre, xenuína representación do chamado “Self made man”. Dende a academia Dafonte, pasando pola Bazán, a Escola de Máquinas, a Escola Naval Militar de Marin, a Base de Submarinos de Cartagena e o Observatorio de Marina de San Fernando, rematou a súa formación na Escola Superior de Enxeñeiros Navais de Madrid.
Alí por onde pasou deixou constancia da súa valía. Retirouse da Armada co grado de Capitán de Fragata enxeñeiro, pasando no ano 1963 a traballar en Astano da man de Don José Maria González-Llanos Caruncho, outro ilustre ferrolán.
Si o seu historial académico, do que se falaba con admiración nos meus tempos na Armada, non fóra de abondo, o que máis chama a atención é a súa peripecia vital. Unha vida chea de éxitos profesionais e mesmo de incribles aventuras, ¡en pleno século XX!. Dende as súas heroicas actuacións como Xefe de Máquinas nos submarinos ata a creación do estaleiro das grandes construcións e botaduras, non faltou no seu amplo currículum, que ben podería xustificar unha moi interesante biografía, unha estancia na cadea durante varios meses por conta da Armada China, seica por haber invadido as súas augas, navegando nun cargueiro italiano construído en Astano. Hoxe, con 92 anos, vive na súa vila de Mugardos, un sosegado retiro máis que merecido.
É de xustiza que os países recoñezan e premien aos seus mellores homes (e mulleres), e aquí temos un caso ben claro. Penso que este home singular, é merecedor dun homenaxe a nivel local, nacional e mesmo mundial, pola súa dedicación e contribución ao mundo do mar. Á Armada Española correspóndelle a iniciativa nomeándoo Almirante honorario en atención aos seus extraordinarios méritos por riba, ás veces, do deber.
Dende esta ventá do DF, deixo a proposta por si alguén quere asumila. A vostede Sr Deus, CF Deus, xunto coa miña admiración permítame enviarlle unha forte aperta.
Post Scriptum.-. Non se me oculta que, a miúdo, este tipo de homes con méritos tan extraordinarios, non é moi amigo de homenaxes. Espero que a miña proposta non perturbe de ningún xeito o seu apracible retiro na súa vila natal.

Pepe Deus (1928)

Te puede interesar