O cambio climático

Jared Mason Diamond (1937), xeógrafo, escritor, biólogo, fisiólogo evolucionista e bio-xeógrafo. Once idiomas. Relixión: Ateísmo. Un dos intelectuais máis respectados nos EEUU. Súas son as sentencias como:

- O mundo tal como o coñecemos, pode colapsar no ano 2050.

- Sempre houbo sociedades que se auto destruíron, o risco hoxe é maior, está en xogo o afundimento do mundo enteiro.

- Moitas sociedades fixeron implosión debido a problemas ecolóxicos. 

Ante un mundo en crise, recórdanos unha frase de Sir Winston Churchil que dicía: “Nunca desperdiciedes unha boa crise”.

Non se limita este home sabio a anunciar catástrofes, senón que trata a través das súas obras, de aportar solucións, como é o caso do seu último libro titulado “Upheaval: Turning Points for Nations in crisis” que poderiamos traducir como “Cataclismo: Puntos de transición para Nacións en crise”.

Nel, pon o punto de mira nos seguintes factores:

- As pesqueiras do mundo.

- A agricultura e

- A xestión das reservas de auga.

Di asemade que o primeiro paso para resolver os problemas é a identificación e a aceptación dos mesmos. O segundo é darse conta de que, a nivel individual, podes contribuír a solucionalos. Fala tamén da parte negativa dos intereses corporativos. O cambio climático, conclúe pode ser abordado aos niveis individual, corporativo e nacional.

Fala de evitar o holocausto nuclear e de resolver o cambio climático, pero advirte que si resoltos estes dous problemas seguimos explotando os recursos de xeito insostible, estamos acabados.

Aínda vai máis lonxe, sostén que si somos capaces de resolver estas tres cuestións, pero seguimos mantendo e incluso incrementando as desigualdades no mundo, tamén estaremos acabados.

Insiste en que non é necesario cambialo todo. A solución está, repite, en identificar os problemas, aceptalos e resolvelos.

O libro xa publicado nos EEUU chegará ás nosas librerías en novembro. Penso que, dalgún xeito debería ser divulgado a tódolos niveis educativos, empezando pola educación básica.

Este é o resumen dun, moi interesante, artigo publicado no XLSemanal do pasado día 30, asinado por David Wallace Wells, un xornalista americano especializado en asuntos relacionados co Cambio Climático. A súa obra principal é “The Unihabitable Earth” (2019), en galego A terra inhabitable.

O cambio climático

Te puede interesar