Coches eléctricos

A lei do Cambio Climático e Transición Enerxética, ten por obxecto reducir a cero a contaminación por CO2 dende agora ata o ano 2050, un prazo de trinta anos. Esto implica a supresión total de coches e vehículos afíns que queiman combustibles fósiles altamente contaminantes. Desaparecerán polo tanto os motores Diésel, os motores de Gasolina e mesmo os de Gas Natural, que serán substituídos por motores eléctricos e motores de hidroxeno.

Os coches con motores eléctricos presentan vantaxes indubidables con respecto aos provistos con motores de combustión interna: Redución total das emisións de CO2, menor peso por CV, mantemento e reparacións máis doadas, ausencia de ruídos, menos empacho e maior seguridade de funcionamento. Pola contra, coa situación actual da tecnoloxía teñen tamén ás súas desvantaxes, menor autonomía, o seu talón de Aquiles, maior prezo e un tempo excesivo para a recarga das baterías, nos centros de carga mal chamadas Electrineras ou Electrolineras. En calquera caso, é de esperar que en 30 anos a tecnoloxía evolucionará saíndo ao paso destas deficiencias.

Este cambio de motorización constitúe un xiro copernicano no que á auto-moción se refire, eliminando os motores actuais con toda a súa tecnoloxía con consecuencias imprevistas na industria do automóbil poñendo en perigo real de peche moitas fabricas e talleres de reparación e por ende miles de postos de traballo. Trinta anos que é o prazo fixado polo Goberno para o cambio definitivo, e un tempo suficiente para que as cousas se fagan con xeito, empezando por unha boa planificación que evite as posibles consecuencias negativas que implica un cambio deste calibre. 

Por poñer un exemplo, parece lóxico que durante este amplo período de transición se recorra a unha solución intermedia que consiste en cambiar, en moitos coches actuais, os motores de combustión interna por motores eléctricos, para o que se dispón de espazo dabondo ao ter estes últimos un menor empacho no seu emprazamento. 
Os prezos actuais dos coches eléctricos son moi elevados, prohibitivos en moitos casos, o que non se entende moi ben ao ser a motorización moito máis sinxela. É de supoñer que, conforme avance a nova tecnoloxía, baixen ata poñerse ao mesmo nivel que os coches actuais. Tampouco hai que descartar que, en tan longo espazo de tempo, xurdan novas tecnoloxías que substitúan ao agora novidoso motor eléctrico porque, como lle dicía Don Sebastián a Don Hilarión na célebre zarzuela La Verbena de la Paloma, hoxe en dia as ciencias adiantan que é unha barbaridade.

Coches eléctricos

Te puede interesar