Auto-exilio

decisión, anque esperada, non deixa de ser dolorosa. Non é unha boa noticia que un home que tanto significou en España despois da morte de Franco, acabe os seus días no exilio, lonxe de todo o que amou e defendeu durante tantos anos.
Disque este auto-exilio, que espero sexa temporal, foi acordado entre a Casa Real e Moncloa, coa anuencia do rei Xoan Carlos, para evitar males maiores tanto para a Monarquía como para o noso país . Estou seguro asemade de que a nivel persoal, hai unha boa relación entre os dous reis, o actual e o emérito. Non poder ser doutro xeito, para o meu modo de ver o amor entre un pai e un fillo está por riba de calquera outra consideración.
Xa me teño preguntado, nesta mesma páxina, se o chamado rei emérito é o único culpable de tódolos cargos que agora se lle apoñen. A política é a miúdo algo rastreiro e con ela moitos dos seu servidores que non dubidan en recorrer aos máis abxectos procedementos para atacar aos seus opoñentes co gallo de manter ás súas opinións que, en moitos casos, coinciden con ilexítimas ambicións. Estámolo a ver tódolos días.
Coñecín ao príncipe Juan Carlos na Escola Naval Militar no ano 1957. Era un rapaz sinxelo, moi simpático, amable e cheo de alegría. Un máis daqueles centos de rapaces, que estabamos destinados a ser, anos máis tarde, oficiais da Armada. Aplaudín, como tódolos españois, a súa impecable traxectoria, recoñecida no mundo enteiro, como adaíl da chamada Transición Democrática e moitas outras importantes actuacións persoais, xogándose o tipo en defensa da Democracia.
Non foi a súa vida un camiño de rousas sobre todo nestes últimos anos, despois de abdicar a prol do seu fillo, o actual rei Felipe VI. Ten que ser moi duro á súa idade, despois do que foi e do que fixo polo seu país, ter que abandonalo nestas condicións, por iso prego a opinión pública, políticos incluídos, un pouco de comprensión e de humanidade, pensando nas cousas boas que protagonizou, e quitándolle ferro a todo o malo, o real e o inventado. Tampouco esquezamos a presunción de inocencia porque ata de agora, que eu saiba, non está oficialmente acusado de nada. 
Habendo no país tanto delincuente, convicto e confeso, só se nos ocorre imputar a todo un rei por suposta corrupción, ¡cousas da política canalla!.

Auto-exilio

Te puede interesar