As torres de Meirás

Disque foron doadas polo pobo galego ao caudillo invicto no ano 1938, en plena guerra incivil. 
A realidade e ben distinta como se conta no libro que acabo de rematar, moi extenso e documentado, escrito por Carlos Babío Urkidi e Manuel Pérez Lorenzo, que leva o sinxelo título de Meirás. Leva así mesmo un subtitulo que di, “un pazo, un caudillo, un  expolio”. E, engado eu, un escándalo que durou bastante máis dos corenta famosos anos porque aínda continua o espolio tanto tempo despois.
Todo o que se conta nel é a verdade do que pasou, os autores poñen de manifesto, oitenta anos despois, o que entón era vox populi. Todo se sabía e se comentaba “sotto voce” que era o único xeito en que se podía facer.
A idea da doazón do Pazo, que pertenceu a Condesa de Pardo Bazán, foi argallada por catro próceres da Coruña, aprobada por unanimidade polas autoridades vixentes e sufragada por unha maioría silenciosa baixo a ameaza de ser declarado desafecto ao glorioso movemento salvador da patria..., etc. 
Recordo eu, e mesmo o recolle o libro o feito de que anticuarios e xoieiros pechaban os seus negocios cando chegaba a Señora a calquera cidade de Galicia e supoño que do resto do país.
O caso é que a base de regalos, doazóns e expropiacións forzadas e outras rapinas, chegou as mans da familia un tesouro que hoxe desfrutan e disputan os netos que, en vez de devolver ao pobo o que é do pobo, acábano de poñer á venta por oito millóns de euros.
Por razóns obvias non vou a estenderme máis que iso xa o fai o libro ao longo de catrocentas paxinas, con todo luxo de anécdotas, detalles e mesmo fotografías e fotocopias de documentos reais. Só expresar, unha vez máis, a miña opinión e o meu rechazo frontal  aos fanatismos. 
Non hai un só home na faz da terra que mereza tantos afagos e louvanzas, xa o dixen aquí, como tampouco podo entender que este mesmo home se deixe adular e misque foron doadas polo pobo galego ao caudillo invicto no ano 1938, en plena guerra incivil. 
A realidade e ben distinta como se conta no libro que acabo de rematar, moi extenso e documentado, escrito por Carlos Babío Urkidi e Manuel Pérez Lorenzo, que leva o sinxelo título de Meirás. Leva así mesmo un subtitulo que di, “un pazo, un caudillo, un  expolio”. E, engado eu, un escándalo que durou bastante máis dos corenta famosos anos porque aínda continua o espolio tanto tempo despois.
Todo o que se conta nel é a verdade do que pasou, os autores poñen de manifesto, oitenta anos despois, o que entón era vox populi. Todo se sabía e se comentaba “sotto voce” que era o único xeito en que se podía facer.
A idea da doazón do Pazo, que pertenceu a Condesa de Pardo Bazán, foi argallada por catro próceres da Coruña, aprobada por unanimidade polas autoridades vixentes e sufragada por unha maioría silenciosa baixo a ameaza de ser declarado desafecto ao glorioso movemento salvador da patria..., etc. 
Recordo eu, e mesmo o recolle o libro o feito de que anticuarios e xoieiros pechaban os seus negocios cando chegaba a Señora a calquera cidade de Galicia e supoño que do resto do país.
O caso é que a base de regalos, doazóns e expropiacións forzadas e outras rapinas, chegou as mans da familia un tesouro que hoxe desfrutan e disputan os netos que, en vez de devolver ao pobo o que é do pobo, acábano de poñer á venta por oito millóns de euros.
Por razóns obvias non vou a estenderme máis que iso xa o fai o libro ao longo de catrocentas paxinas, con todo luxo de anécdotas, detalles e mesmo fotografías e fotocopias de documentos reais. Só expresar, unha vez máis, a miña opinión e o meu rechazo frontal  aos fanatismos. 
Non hai un só home na faz da terra que mereza tantos afagos e louvanzas, xa o dixen aquí, como tampouco podo entender que este mesmo home se deixe adular e mesmo endeusar por unha xente que, en moitos casos só busca, a rentes del, facer grandes e ás veces escuros negocios. 
De Franco chegouse  dicir, incluso despois de morto, que fóra un home irrepetible na historia.
Anque ben podería non quero poñer máis ferro nestes meus comentarios. Hoxe en día hay literatura dabondo para coñecer con detalle quen foi Franco e o que significou o franquismo no noso país. O que si podo dicir é que é ben certo que o xeneral, como el mesmo dixo, deixouno todo atado e ben atadoesmo endeusar por unha xente que, en moitos casos só busca, a rentes del, facer grandes e ás veces escuros negocios. 
De Franco chegouse  dicir, incluso despois de morto, que fóra un home irrepetible na historia.
Anque ben podería non quero poñer máis ferro nestes meus comentarios. Hoxe en día hay literatura dabondo para coñecer con detalle quen foi Franco e o que significou o franquismo no noso país. O que si podo dicir é que é ben certo que o xeneral, como el mesmo dixo, deixouno todo atado e ben atado

As torres de Meirás

Te puede interesar