A orixe da pandemia

A terra enteira, toda a humanidade, afectada por un virus que leva contaxiado a máis de 2.5 millóns de persoas, preto de 180.000 vítimas con toda a miseria derivada desta situación, en tódolos países. Non se sabe, polo menos a nivel da opinión pública, onde está a orixe desta maldita pandemia.O que segue, son conxecturas máis ou menos cribles que á vista do descoñecemento que existe e da loucura desatada no mundo, calquera delas podería valer. Vaia por diante dicir que, dada a condición humana, todo é posible.

O primeiro sospeitoso, xa dende o principio, é China. En Wuhan, cidade con máis de once millóns de habitantes, existen importantes laboratorios gobernados por eminentes virólogos que negan a súa autoría. Falan, divagan, sobre morcegos e pangolíns a través dos que se transmitiu a infección aos seres humanos. Penso que, tal como están as cousas, é obrigada unha explicación polo miúdo, na que se demostre, fóra de toda dúbida, a súa inocencia. O paradoxo é que o principal beneficiado pola pandemia é precisamente o pobo chino e de aquí xorde inevitablemente a pregunta, ¿é a economía mundial a causa principal do desencadeamento do coronavirus?

Os políticos chinos acusan ao exército americano de ter introducido o virus no seu país. Pola súa parte o presidente Trump, ordena facer unha investigación a fondo, coa advertencia de que si se demostra a culpabilidade de China, haberá consecuencias. Así están as cousas entre estas dúas potencias, militares e económicas.

    Dos que pensan que se trata dun castigo divino ou dunha maldición bíblica non opino, pois non quero ser irrespectuoso nin faltar ao respecto ás crenzas de moita xente. So dicir que, dende o agnosticismo, non é doado de comprender.

Xa postos a divagar, ¿ten sentido falar de extraterrestres?. Está xeralmente admitida a existencia no universo doutros mundos, doutras civilizacións que, potencialmente, poderían ser inimigos da terra. ¿É este o principio da guerra dos mundos?.

Moitas preguntas quedan no tinteiro que non caben neste humilde apunte. O que si está claro é que despois de catro meses e unha cantidade inxente de vítimas, non sabemos nada desta desfeita. A pregunta inevitable é, ¿saberémolo algún día?

A orixe da pandemia

Te puede interesar