San Marcos ou o Circo do Sol

queixámonos ós políticos da desafección xeral cara esta nobre vocación que é a política, queixámonos de que a xente non vai a mitins e postas de largo, queixámonos de que as campañas non mobilizan electorado, pero non nos damos conta de que moitas veces, ás máis, a culpa é da propia acción dos políticos. 
O exemplo claro de isto é a escenificación da mala xestión política na Deputación de Lugo, San Marcos é hoxe un circo, con todos os alicerces do circo clásico: funambulismos, equilibristas, magos e tamén cómicos. Toda unha corte de Deputados e asesores que o único que fan e danar á imaxe de Lugo e tamén de Galicia. Nomeamentos, ceses, cambios de Presidente con censura, disciplina de voto rota, rexistros da policía... ten todas as papeletas para ser unha serie de HBO. 
A raíz da cuestión, non é outra que a descomposición como partido do PSOE, e Lugo é para desgraza dos galegos un dos máximos expoñentes do proceso. O PSOE xunto co BNG na Deputación cando chegaron viñan co mandato da xente de cambiar a mala praxes do PP de Cacharro, non fixeron tal, colleron o manual de boas prácticas caciquiles de D. Francisco e mellorárono poñendo á fronte a un  Besteiro que como político nunca aportou nada e moito menos nos campos de transparencia e bo goberno.
O por que? é o que compre analizar,  eu teño unha teoría que gustaría de compartir: isto sucede porque o PSOE deixou de ser un partido para tratar de ser un lobbie de intereses, de egoísmo e de forza. Funcionou a lo menos un tempo, todo era fácil, namear asesores e repartir asfalto pola provincia levou ó PSOE de Lugo ós seus mellores resultados da historia pero o prezo foi desaparecer como partido e ser una especie de lexión de estómagos agradecidos á Deputación. 
Hoxe vemos na prensa o día a día do circo, incluso con vídeos virais dos plenos e discursos rancios de PP, PSOE e BNG onde cada quen se quere salvar da mala xestión feita e intentar gañar unha credibilidade que ninguén ten. Unha humilde recomendación, a política señores e señoras deputados/as da Deputación de Lugo é para servir á xente non para fortalecer partidos e facer un xogo de tronos. Por desgraza esta situación é regra na política galega, chega con cambiar os actores e territorios.

San Marcos ou o Circo do Sol

Te puede interesar