Lunes 19.11.2018

Por alí resolla

atradición galega da pesca de balea, fai anos que desapareceu

atradición galega da pesca de balea, fai anos que desapareceu, a última baleeira estaba de feito en Morás (Xove) mais coido que algo de habilidade temos en Galicia para ver as cousas dende lonxe, como facían aqueles galegos encargados de divisar os cetáceos. Ven resollando unha forte crise na dereita de España, aínda que sexa difícil de ver, estou seguro que no horizonte da dereita resolla un tempo de axustes e conflito. A ancián balea azul esta sendo duramente castigada por unha candorca, laranxa, no canto de negra. A pelexa está sendo tan dura que non se dan conta de que están fracasando as dúas. 
M. Rajoy e o PP trabucaron o rumbo no resultado das eleccións de decembro de 2015, no canto de aceptar o resultado e ir cara o lóxico camiño da rexeneración, na oposición, alimentaron a ese pequeno munxe carroñeiro de Podemos facéndolle crer que era unha quenlla, co mantra do sorpasso. Ese foi o principio do fin do PP como forza hexemónica da dereita rancia, aínda que melalorase o resultado, viña collendo velocidade a candorca laranxa. Máis complicada é a situación de Cs, a actuación de Rivera, no 155 e na presión a todas as forzas está provocando unha reacción política lóxica, ninguén vai querer pactar con Ciudadanos en ningún campo. Non son de fiar, as candorcas non o son. Movementos de conversas con membros doutros partidos, fichar mercenarios galos e buscar permanentemente premer sen tomar posicións de goberno: en Madrid, Murcia ou Andalucía, racha coas regras da política. Van morrer de éxito senón ó tempo. Rivera non é Macron por moito que copie, e Francia non leva Ñ.
No medio de esta historia os únicos que teñen arpón e saben utilizalo son os do PNV, o movemento dos orzamentos do Estado, ademais de ser bo para Euskadi e os pensionistas é unha moi boa ferramenta para que a dereita rancia, centralista e nacionalista española se desgaste. A Rivera vai entrarlle a presa e a Rajoy o seu estado natural de sosego. O PNV actuou como os francotiradores, feriu os dous da batalla buscando o costo dunha contenda larga e dura, mala para ambos. Que listos son estes vascos.  Está é unha lexislatura de xogos partidarios, agora teñen que mover ficha en Catalunya, retirar a vergonza do 155 e rearmar a pluralidade nacional do Reino de España, está é a única arma que temos para frear ós herdeiros da falanxe, que non son Aos da vella balea azul, a falanxe hoxe vai de laranxa.

Por alí resolla
Comentarios