O PSOE é o avó de Montoro

Canta realidade manexan os manuais de comunicación, unha mentira repetida moitas veces ó final parace case verdade, tan verdade que os mesmos mintireiros a cren. Iso é o que ben acontecendo dende un tempo a esta parte co municipalismo do PSOE. Pensan que son a esencia do municipalismo, incluso alcaldes do PSOE o levan tan  interiorizado que dín que son municipalistas. Pois non é certo, non o son, esa é unha das súas grandes mentiras.
A  aposta pola atonomía local no PSOE ficou finiquitada coa modificación do artigo 135 da CE que fixo Zapatero e o noso veciño Blanco, coa complicidade necesaria do PP e secuestrando o debate no Congreso, propoñendo este cambio un 23 de agosto. 
O PSOE é, xa que logo, o Pai da “estabilidade presupuestaria”, está é a nai da Lrsal ou “Lei Montoro”. Polo tanto o PSOE ten o logro de ser na práctica, o avó da Lei Montoro e o seu principio de sostenibilidade e estabilidade, principio que tamén afecta as pensións. O PSOE fusilou a Lei de Bases de Réxime Local e baleirou de contidos a administración local. Todo comenzou aquel 23 de agosto, cun xogo de trileros.
E aínda e todo os alcaldes e alcaldesas socialistas, que saben ben do que falo, din ser municipalistas e acto seguido laianse da Lei Montoro, do teito de gasto e do control do ministerio, repudian pois ó seu neto, hipócritas. Esta é a realidade da “socialdemocracia” estatal, uns fariseos.
Estamos xa case en ano electoral municipal, compre que a opinión pública coñeza esta impostura e sepa quenes son os culpables de que os concellos non podan prestar servizos que tiñan, ou cubrir persoal ou axudar a un colectivo. A entente de PP, PSOE neste caso é clara e meridiana, a Troika esixia sangue e a sangue saíu dos Concellos, non das Comunidades nin do Estado. Cando a deuda pública dos concellos era moito máis  pequena. 
Foron quenes pagaron o axuste perdendo autonomía local. Por iso cando veñan con promesas, lembren quenes foron os que anularon a capacidade da nosa administración máis cercana.
Galicia ten unha Lei de Administración Local Galega, dende 1997, pero compre unha boa reforma e unha lexislación acorde a dignidade de Galicia. Por deuda histórica, por competencias e por realidade. Galicia merece e precisa unha lei a semellanza da vasca que garante a participación dos entes locales nas decisións do goberno de Euskadi. É preciso e podese facer, mais  este cambio ten que vir das eleccións de 2019 cuns concellos fortes e firmes na defensa do seu para construir unha Galicia plena. 
Tede en conta quenes son os Pais do 135 e da Lrsal(Lei Montoro) PP e PSOE non queren esta capacidade en Galicia, lembradello cando pidan o voto municipalista. 

O PSOE é o avó de Montoro

Te puede interesar