Camiño

Os cambios que necesariamente se teñen que producir logo do relevo de goberno, non poden ser soamente estéticos e electoralistas, tentación segura do PSOE, cómpre iniciar reformas serias da configuración territorial e da Constitución.
Neste debate, veuse ás claras as capacidades de: forza, influenza e firmeza dos distintos partidos nacionalistas, soberanístas e incluso rexionalistas.   Dende Nueva Canarias, UPN ata a decisoria posición do EAJ-PNV. 
É certo que o bipartidismo xa dependeu de estas posicións outras veces e tamén é certo que a arquitectura política actual do Estado segue a depender dos mesmos. Hoxe non existe un bipartidismo claro, pero segue existindo unha sorte de dous bloques, ó final as consecuencias son as mesmas. Pero  con un perigo a maiores, un dos axentes implicados é nacionalismo ración español, unha seria ameaza para a pluralidade, xa non de España, tamén de Europa, o discurso fascista de Cs mete medo.
O triste é que nesta configuración, Galicia non pinta nada, ata o punto que teñen máis peso no debate parlamentar Asturias e Navarra, por non falar das referencias claras a Andalucía. O secuestro do Galeguismo feito polo PP está a custar caro o noso País. E a disolución de En Marea dentro de Podemos xa nin vos conto. 
Non entender esa realidade por parte dos galegos é torpe e ademais custanos moita calidade de vida. Galicia hoxe ten problemas que se poden resolver dende unha posición de presión no estado, como fai o PNV.
Chegados aquí moitos pensaran que o BNG fixo ese papel, non é certo, o nacionalismo excluínte galego, non é unha ferramenta ó servizo da xente e da Terra, como si o é o PNV e o demostra. O BNG é unha ferramenta a servizo da UPG e da súa entelequia de País, irreal e imposible, as alforxas son tan pesadas que non poden, nun momento dado, pactar co PP ou mesmo con outros por moi bo que sexa   para Galicia. 
Esta xurdindo un debate de unha coalición de partidos galegos cara unha hipotéticas xerais, como din os maiores: “mamaiña o tren e a vaca na vía”... é unha cuestión romántica, sí, mais de todo irresponsable, que axentes conformarían esa coalición: En Marea co seu egocentrismo, dependencia de Podemos e o comunismo de IU? O BNG e as súas mochilas adoctrinantes? A extinta Coalición Galega? A municipalista e falta de estrutura TEGA? CxG? Non enganemos á xente. As forzas de Euskadi non están coligadas, e a cataláns no Congreso tampouco. Pode existir unha certa unidade de acción, concordo, mais se eu vou a Coruña e ti a Lugo so podemos facer un tramo do camiño xuntos.
Galicia ten camiño, ten unha forza que traballa co PNV, é Compromiso por Galicia. Agora toca que a xente acredite e poñamos a Galicia no debate do Estado.

Camiño

Te puede interesar